Sobre o autor
Juan Labaredas naceu en Sober o 25 de maio de 1968. A súa vida transcurríu en Monforte de Lemos e Quiroga. Licenciado en Dereito, dende moi novo sentíuse atraído polos libros e a literatura, convertíndose nun voraz lector e apaixoado observador da realidade circundante. Foi cando contaba con 13 anos que comeza a escribir presentándose a diferentes certames literarios de ámbito escolar e mesmo comarcal, nos que logra distincións e recoñecementos. Co decorrer do tempo e tras unha longa experiencia lectora consolida a súa tarefa creativa, levando a cabo traballos que nunca foran publicados até ó momento por expreso desexo de seu. Cultiva xéneros tan diversos como a poesía, o relato curto, o ensaio e mesmo o artigo de opinión. Agora, xa na madurez, ábrese a publicar parte dese traballo neste libro que tenta ser un conxunto de “instantes apresados” para compartir cos seus lectores dende a sinceridade, a intensidade e a honestidade.
Sobre o Poemario
De Visu, Ese enigma inalcanzable, recolle en palabras do autor “A realidade a ollos vista, unha realidade cotiá, convertíndose na inspiración, na esencia mesma que deriva nunha forma resultante de pensamentos, vivencias e sensacións; todas elas relacionadas infinitamente“.
Pretende ser unha análise de nós mesmos, das nosas debilidades nun todo paralelo e universal que unha vez rematada a súa lectura, suscite a reflexión e a parodia personal como elemento vertebrador do conxunto.
Juan Labaredas
Presentación de Entre o Luceiro e a noite
O 21 de outubro do 2022 Presentación da obra editada por Peruchela Edicións, de Parada Jato, Entre...