Presentación 2ª Edición "De Visu. Ese enigma inalcanzable"

05 de AGOSTO DE 2022 | PRAZA DA FONTE, PROENDOS - SOBER

O poeta soberino Juan Labaredas fixo  acto de presentación  da segunda edición do poemario "De Visu ese enigma inalcanzable"  no seu lugar de orixe, Proendos.
Foi un acto enxebre  no medio dunha praciña do lugar e a carón dun pozo de augas cristalinas.   O evento foi orgamizado pola  xerente da Libraria da Proencia, Paula Vázquez Verao e nel participaron o autor, Alfonso e a directora de proxectos da editorial Peruchela Edicións.
Houbo declamación dalgúns poemas do libriño e tamén  o escritor nos participou dun novo surxido da traxedia dos incendios que asolaron as terras do Caurel nas últimas semanas.
Unha presentación de fotografías da parroquia e de veciños da mesmas  puxo fin a entrevista  co autor onde na última foto da proxección  homenaxeou aos seus avós, outrora veciños do lugar.
Para rematar o evento houbo degustación de produtos típicos da zona tales como a rosca soberina e  o "doce de carrolas", tamén coñecidos como "feos de conchos"; pan,  queixo e chocolate fixeron de tapas para rematar a degustación con viño da D.O. da zona Ribeira Sacra que se produce na propia parroquia.

01 DE OUTUBRO 2021 | ATENEO CASINO DE MONFORTE

O salón de actos do Ateneo Casino acolleu o día 01 de outubro de 2021 o acto de presentación do poemario "De Visu ese enigma inalcanzable" do autor soberino Juan Labaredas.