Este proyecto ha recibido una ayuda extraordinaria del Ministerio de Cultura y Deporte.

Ciclo Outonizo de Lecturas de Poesia 2021-10-16

+ 1ª Xornada do Ciclo de Lecturas Outonizas de Poesía en Galego da Libraría Pelayo Ligazón aos videos do momento Lecturas do Día Arricou este ciclo outonizo de lecturas de poesía en galego coa participación da autora Lin San Mar, que nos leu versos do seu poemario De Vida e Morte, Amor e Indiferenza publicado fai un ano co selo editorial Peruchela Edicións. Participou neste evento Sergio Rodríguez, galego emigrado ao País Vasco aos catro anos de idada e que se atreveu a ler uns versos do poemario: Seis Poemas Galegos de Federico García Lorca, editado polo selo editorial Chan da Pólvora. Remataron as participacións de lecturas Pili e Paula, mai e filla que se mostraron dispostas a recitar uns versos do  poemario de Concha B. Feminino Singular. Pili leunos o poema adicado a Elisa e Marcela e Paula un adicado a Rosalía de Castro. Nas ligazóns inferiores podesdes ollar e escoitar os versos escolleitos para o inicio de este ciclo outonizo de lecturas en galego.